CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Medio Ambiente destina 60.000 euros ás obras de construción da rede de pluviais no núcleo de Calvos, en San Cibrao das Viñas

A conselleira de Medio Ambiente o alcalde de San Cibrao das Viñas asinaron hoxe o convenio de colaboración para a súa execución

Augas de Galicia asume o 100 por cento do importe do convenio e será o organismo encargado de licitar as obras
 

  • A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández
  • A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández

Santiago, 8 de maio de 2018.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de San Cibrao das Viñas colaborarán na construción da rede de augas de pluviais no núcleo de Calvos, neste municipio ourensán.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, asinaron esta tarde un convenio de colaboración, polo cal Augas de Galicia asume o compromiso de financiar o 100 por cento do custe e licitar o contrato desta actuación hidráulica; mentres que o Concello, pola súa banda, comprométese a poñer a libre disposición os terreos necesarios para a execución dos traballos e recibir as mesmas ao seu termo.

As obras que se levarán a cabo consisten na construción dunha rede de augas pluviais no núcleo rural de Calvos, co fin de dotar a esta zona das infraestruturas subterráneas necesarias para a correcta evacuación das augas de chuvia, así como a posterior reposición dos pavimentos rotos e posterior acondicionamento da capa de rodadura da travesía principal deste núcleo.

Desde a Consellería de Medio Ambiente destácase que esta actuación ademais contribúe á execución do bo estado ecolóxico das augas e dos ecosistemas asociados mediante o cumprimento dos obxectivos establecidos na lexislación aplicable, fomentándose a reutilización das augas depuradas cando isto sexa viable.