CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Medio Ambiente estuda posibles vías de colaboración co Concello do Irixo en materia de saneamento e abastecemento de auga

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, reuniuse co rexedor local, Manuel Penedo, co fin de coñecer as necesidades do Concello en relación ao subministro de auga potable a distintos núcleos de poboación

  • A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, reuniuse co rexedor local, Manuel Penedo

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017.- A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, analizou posibles vías de colaboración co Concello do Irixo en materia de saneamento e abastecemento de auga. A titular do departamento autonómico coñeceu as necesidades do Concello en relación ao subministro de auga potable aos distintos núcleos de poboación no transcurso dunha reunión co rexedor local, Manuel Penedo, e na que tamén participou o director xeral de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez.

Así, o alcalde ourensán trasladou á representante do Goberno galego a importancia de contar con novos sistemas de captación de auga que garantan o abastecemento a determinados núcleos como A Costa, Frouces, A Ermida e Fabeiros.

Conxuntamente, ambos mandatarios abordaron as diferentes propostas encamiñadas á posible creación de novas infraestruturas hidráulicas, que permitirían mellorar as condicións de prestación deste servizo municipal.