CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Medio Ambiente mellorará a rede de abastecemento de auga no lugar da Manchica, na Merca

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o rexedor local, Manuel Jorge Velo, asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que se destinarán 56.000 euros á execución dunha nova conexión co depósito central da Merca

Con esta actuación darase solución aos problemas de subministro de auga a un grupo de vivendas situadas na parte alta do núcleo da Manchica

Segundo as previsións de Augas de Galicia, os traballos poderán comezar antes de que remate o ano

  • A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o rexedor local, Manuel Jorge Velo, asinaron hoxe un convenio de colaboración
  • A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o rexedor local, Manuel Jorge Velo, asinaron hoxe un convenio de colaboración
  • A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o rexedor local, Manuel Jorge Velo, asinaron hoxe un convenio de colaboración

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, mellorará a rede local de abastecemento de auga no lugar da Manchica, no concello ourensán da Merca. Esta actuación desenvolverase no marco dun convenio de colaboración que esta mañá referendaron a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, e o rexedor local, Manuel Jorge Velo, no transcurso dun encontro celebrado en Santiago.

Así, coa firma deste convenio, séntanse as bases para a execución dunha nova conexión coa que se dará solución aos problemas de subministro de auga potable a un grupo de vivendas situadas na parte alta do núcleo da Manchica. Concretamente, os traballos, aos que se destinará un orzamento total de 56.600 euros, consistirán na creación dunha nova rede que conecte este núcleo de poboación co depósito central da Merca. Segundo as previsións de Augas de Galicia, as obras poderán empezar antes de que remate o ano.

Con esta actuación facilítase a incorporación ao patrimonio público municipal dunha nova infraestrutura hidráulica coa que se pretende incrementar a calidade de vida dos veciños, mediante unha acción coordinada entre Augas de Galicia e o Concello da Merca.

Deste modo, segundo se establece no convenio referendado esta mañá, a Administración autonómica comprométese á execución das infraestruturas que, unha vez rematadas, serán entregadas ao Concello para a súa posta en servizo, explotación, mantemento e conservación. Ademais, a Administración local deberá poñer a disposición de Augas de Galicia os terreos necesarios para a acoller as novas infraestruturas.

Por último, cómpre lembrar que as obras serán financiadas na súa totalidade por Augas de Galicia dentro do seu compromiso coas administracións locais para a cooperación no desenvolvemento das súas obrigas en materia de abastecemento e saneamento de augas.