CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

A Conselleira de Medio Ambiente e o Concello de Nogueira de Ramuín analizan a situación das infraestruturas hidráulicas do municipio

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mantivo unha reunión co rexedor municipal

  • A conselleira de Medio Ambiente na súa reunión co alcalde de Nogueira de Ramuín
  • A conselleira de Medio Ambiente na súa reunión co alcalde de Nogueira de Ramuín

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2017.- A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Nogueira de Ramuín Teo, José César Parente Pérez, analizaron a situación das infraestruturas de saneamento e abastecemento do municipio, co fin de valorar as actuacións necesarias que melloren as redes municipais.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio trasladoulle que Augas de Galicia analizará as propostas que presente a Administración local, co fin de determinar a posibilidade de establecer acordos de colaboración.