CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Medio Ambiente entrega ao concello de Santa Comba as instalacións da depuradora ubicada en Guisande

Despois de tres anos de período de explotación, o Concello será o encargado do mantemento e conservación destas instalacións ás que Augas de Galicia destinou máis de 3,5 millóns de euros para a súa execución

A nova depuradora conta cunha liña de fangos para a súa separación, deshidratación e almacenamento

Además das obras para a construción da Edar tamén se levaron a cabo actuacións na rede xeral de saneamento

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de formalizar a recepción da obra da nova Edar de Santa Comba coa entrega ao Concello desta instalación hidráulica.

Esta edar leva en período de explotación nos últimos tres anos, polo que agora será o Concello de Santa Comba o encargado de manter e conservar as instalacións, nas que Augas de Galicia realizou un investimento de 3,5 millóns de euros, que se ubican no núcleo de Guisande e ocupa unha superficie de 4.500 m2.

A depuradora ten una capacidade de 8.000 habitantes equivalentes e da servizo a todo o núcleo de Santa Comba. O sistema de depuración conta cunha primeira fase co pretratamento cun desbaste do material grosos e outro para o material fino, o desareado e o desengrase das augas residuais. Conta tamén cun tratamento biolóxico que se realíza mediante un proceso de fangos activados en modalidade de aireación prolongada, para isto executouse un carrusel de 55 metros de lonxitude e 5 de altura. Para a seguinte fase do proceso executouse un decantador secundario de 20 m de diámetro e 2,7 de calado e para a desinfección final da auga tratada utilizase un canle de raios ultravioletas.

A EDAR tamén conta cunha liña de fangos para a súa separación deshidratación e almacenamento. As obras incluíron, ademais da EDAR, actuacións na rede xeral de saneamento.