CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Feijóo constata que o plan hidrolóxico permitirá acadar en 2021 o obxectivo de que o 98% das augas sexan de calidade óptima

Destaca que, con esta finalidade, a Xunta destinará ata 2021 654 millóns de euros

Afirma que, cun investimento de 6,6 millóns, a Edar de Negreira é un exemplo do compromiso orzamentario que a Xunta está a facer para que o saneamento e abastecemento de augas sexa unha realidade en toda Galicia

Subliña que este esforzo se estende a toda a provincia da Coruña, cun investimento da Xunta desde 2009 de 315 millóns de euros en saneamento e depuración
 

  • O presidente da Xunta visitou esta mañá as obras executadas na Edar de Negreira
  • O presidente da Xunta visitou esta mañá as obras executadas na Edar de Negreira
  • O presidente da Xunta visitou esta mañá as obras executadas na Edar de Negreira
  • O presidente da Xunta visitou esta mañá as obras executadas na Edar de Negreira

Negreira (A Coruña), 29 de maio de 2017.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe que o plan hidrolóxico permitirá acadar en 2021 o obxectivo de que o 98% das augas sexan de calidade óptima e que no 2027 se alcance o cen por cento. Con esta finalidade, destacou que a Xunta destinará ata 2021 654 millóns de euros.

Durante unha visita ás obras executadas na Edar de Negreira, Feijóo afirmou que con esta infraestrutura se resolve a práctica totalidade das deficiencias que historicamente tivo a comarca da Barcala en materia de depuración das augas residuais, cunha capacidade de tratamento para 9500 habitantes.

“Estamos a falar en total duns traballos que inclúen a construción dun tanque de tormentas, a mellora da rede de saneamento e a edificación dunha nova Edar”, dixo, incidindo en que esta infraestrutura mellorará a calidade de vida dos veciños e a sustentabilidade da terra.

Así mesmo, afirmou que, cun investimento de 6,6 millóns de euros, esta obra é un claro exemplo do compromiso orzamentario que a Xunta está a facer para que o saneamento e o abastecemento das augas sexa unha realidade en toda Galicia.

Feijóo concluíu subliñando que este esforzo se estende tamén a toda a provincia da Coruña, cun investimento por parte da Xunta, “só na provincia”, de 315 millóns de euros en saneamento e depuración desde 2009.

O presidente do Goberno galego reiterou o compromiso da Xunta coa cooperación e o traballo conxunto entre administracións para seguir apostando polos servizos de calidade en todos os concellos.