CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Augas de Galicia analizará a posibilidade de completar a rede de abastecemento en Vilasantar

A conselleira de Medio Ambiente mantivo unha reunión co alcalde de Vilasantar, ao que lle trasladou o compromiso de estudar a capacidade de levar a rede de distribución municipal ás parroquias carentes deste servizo

Tamén se analizará a posibilidade definir unha área recreativa nunha parcela que na actualidade está en desuso

  • A conselleira de Medio Ambiente mantivo unha reunión co alcalde de Vilasantar

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2017.- A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, indicoulle ao alcalde de Vilasantar, Fernando Pérez Fernández, que Augas de Galicia analizará a posibilidade de completar a rede de abastecemento no municipio.

A conselleira mantivo esta mañá unha reunión no seu despacho co rexedor municipal para analizar, xunto co director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, as necesidades deste concello da provincia da Coruña.

O rexedor indicou que é necesario levar a rede de distribución municipal a varias parroquias, para completar o servizo de abastecemento. A conselleira solicitoulle o traslado dunha memoria valorada sobre a actuación necesaria, co fin de que Augas de Galicia poida analizala e determinar a colaboración posible.

Outro dos puntos abordados na reunión foi a creación dunha área recreativa nunha parcela do concello. A conselleira comprometeuse a analizar as posibilidades de colaboración nesta actuación, que vai no camiño dos obxectivos do Plan Hurbe, posto en marcha polo Goberno galego, para fomentar a humanización das vilas, favorecer a cooperación da Administración autonómica e os concellos e promover o reequilibrio territorial en Galicia.