CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Augas de Galicia establece un prazo de 30 días para iniciar as obras de canalización do río Con, no concello de Vilagarcía

O director de Augas de Galicia mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Vilagarcía, ao que lle informou sobre a última resolución adoptada, que se plantexa como alternativa á demolición do edificio, e que xa foi trasladada á empresa Construcións Vicando

Augas de Galicia poderá asumir a execución subsidiaria das mesmas e cargar despois á empresa os custes

Roberto Rodríguez Martínez destaca o compromiso de Augas de Galicia, entidade que ten orzamentados 9 millóns de euros para mellorar o sistema de saneamento e depuración municipal

Santiago, 7 de abril de 2017.- O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, trasladoulle esta mañá ao alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, que a Xunta facilitaou un prazo de 30 días á empresa Construcións Vicando S.L. para que proceda ao inicio das obras (segunda fase) de canalización dun afluente do Río Con, ao seu paso polo garaxe dun edificio.

O director de Augas informoulle dos avances realizados polo departamento que dirixe en relación co expediente que acaba de chegar a súa fin por vía administrativa e aclaroulle que recentemente se remitiu á empresa Construcións Vicando a resolución pola que se requiría o inicio inmediato da execución das obras da canalización prevista, como alternativa á demolición do edificio. Así, a empresa dispón dun prazo de 30 días para comezar a execución das obras. De non proceder á mesma, Augas de Galicia poderá asumir a execución subsidiaria das mesmas e cargar despois a empresa, os custes nos que incorra.

Outro dos puntos da reunión, foron as previsión da Xunta para mellorar o sistema de saneamento e depuración municipal, á vista da problemática detectada no marco do Plan de Saneamento Local da Ría de Arousa, redactado polo Goberno galego. O director transmitiulle ao alcalde o compromiso de actuar neste concello, tal e como se recolle no Plan Hidrolóxico Galicia- Costa, e indicoulle que os primeiros traballos serán comezar a definir e concretar as actuacións necesarias, e que Augas de Galicia estaría disposta a financiar cun importe de ata 9 millóns de euros.

O alcalde tamén se comprometeu a entregar unha nova solicitude de conservación fluvial nos ríos do municipio e mostrou o seu agradecemento pola execución das últimas actuacións que Augas de Galicia realizou neste ámbito no concello.