CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Augas de Galicia facilitará que o sistema de saneamento de Ferrol entre en funcionamento de xeito inmediato

O director de Augas de Galicia mantivo esta maña unha con representantes da corporación municipal do Concello de Ferrol, encabezada polo rexedor municipal

Salienta que Augas de Galicia colaborará co concello nas accións necesarias para que o sistema de explotación de Ferrol funcione xa a vindeira semana

Roberto Rodríguez Martínez recordou a necesidade de asinar un convenio marco de colaboración entre os concellos de Ferrol e Narón, para a definición dos roles de ambas administracións locais na prestación dos servizos municipais

 

  • O director de Augas de Galicia mantivo esta maña unha con representantes da corporación municipal do Concello de Ferrol, encabezada polo rexedor municipal
  • O director de Augas de Galicia mantivo esta maña unha con representantes da corporación municipal do Concello de Ferrol, encabezada polo rexedor municipal

Santiago, 29 de marzo de 2017.- O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, salientou esta mañá que a Xunta facilitará que o sistema de saneamento de Ferrol entre en funcionamento de xeito inmediato, como mostra do compromiso da Xunta de Galicia co saneamento da ría de Ferrol. Así llo trasladou novamente esta mañá ao rexedor municipal de Ferrol, Jorge Suarez, co que mantivo unha reunión, na que tamén participaron representantes da corporación municipal.

Roberto Rodríguez Martínez salientou que Augas colaborará co Concello de Ferrol na articulación das accións que puideran resultar necesarias para que o sistema de explotación poida comezar xa a semana vindeira, con plena seguridade xurídica.

Augas de Galicia comprometeuse unha vez máis a seguir impulsando a colaboración entre ambos os dous concellos, co fin de garantir a posta en servizo do sistema que permitirá, por fin, acadar cos vertidos de augas residuais sen depurar dende a marxe norte da ría.

Durante o encontro, os responsables municipais informaron á entidade autonómica da inminente entrada en servizo das infraestruturas de saneamento e depuración. Tal e como estaba acordado xa en encontros anteriores, Ferrol continuará coa explotación dos sistemas de depuración da marxe norte da ría, ata que a Mancomunidade estea en condicións de asumir a xestión de todos os servizos de saneamento e depuración municipais entorno a ría de Ferrol.

O director de Augas de Galicia recordou ao rexedor municipal a necesidade de asinar un convenio marco de colaboración entre os concellos de Ferrol e Narón, para a definición dos roles de ambas administracións locais, competentes na prestación dos servizos municipais de saneamento e depuración, cara a explotación das instalacións ata a asunción dos traballos por parte da Mancomunidade.