CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Medio Ambiente estudará a posibilidade de executar unha mellora do saneamento no núcleo de Morgade, en Xinzo de Limia

A conselleira de Medio Ambiente mantivo unha reunión co alcalde, Antonio Pérez Rodríguez, para coñecer as necesidades deste concellos

Augas de Galicia traslada a súa vontade de colaboraciónpara garantir unha mellora da calidade das auga e uns servizos óptimos aos veciños deste concello

  • A conselleira de Medio Ambiente mantivo unha reunión co alcalde, Antonio Pérez Rodríguez, para coñecer as necesidades deste concellos
  • A conselleira de Medio Ambiente mantivo unha reunión co alcalde, Antonio Pérez Rodríguez, para coñecer as necesidades deste concellos

Santiago, 29 de marzo de 2017.- A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez Rodríguez, ao que lle adiantou que Augas de Galicia analizará a posibilidade de executar un bombeo e unha mellora do saneamento no núcleo de Morgade.

No encontro, que serviu para analizar a situación do saneamento e do abastecemento deste concello da provincia de Ourense, o rexedor municipal solicitou a particpación de Augas de Galicia nun proxecto que consiste en derivar as augas residuais que se xeran neste núcleo para o seu tratamento.

A conselleira de Medio Ambiente indicoulle que Augas de Galicia analizará as súas posibilidades de colaboración, tal e como fai con todas as demandas para a posta en marcha de actuacións que melloren as infraestruturas hidráulicas dos concellos e que, en definitiva, permitan mellorar a calidade das augas, así como como a prestación deste servizos aos galegos.