CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Os encoros de abastecemento da demarcación Galicia-Costa atópanse case ao 75%

Os encoros de Beche e Pontillón de Castro son os únicos que se atopan ao 100% da súa ocupación, seguido do de Baiona e Zamáns que superan o 90%; mentres que o encoro de Caldas de Reis é o que presenta o menor volume de ocupación cun 50%

No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, Vilasenín é o encoro que presenta o maior volume de ocupación, cun 99,43%
 

Santiago, 28 de febreiro de 2017.- Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 65,35% da súa capacidade total. Concretamente, os de abastecemento, ao 74,65%, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 64,41%. Así se recolle no último informe no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa, recollidos o 27 de febreiro, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume total de 451,04 Hm3, dos 690,15 (volume total).

O encoro de Beche e de Pontillón de Castro son os únicos que se atopan ao 100% da ocupación, seguido dos encoros de Baiona e Zamáns que superan o 90%; mentres que o de Caldas de Reis, cun 50,50%, é o que presenta un menor volume de ocupación.

No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o encoro de Vilasenín é o que ten maior volume de ocupación. Na táboa, sinálanse os datos do estado actual dos encoros de abastecemento (azul) e de uso hidroeléctrico (verde).
Na páxina web de Augas de Galicia poden acceder ao Boletín Hidrolóxico, no que se amplía a información sobre a evolucións dos recursos hídricos no ano hidrolóxico 2016-2017.