CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

O director de Augas de Galicia traslada a súa satisfacción pola vontade e colaboración das administracións para avanzar no proxecto de construción da nova Edar de Santiago

Roberto Rodríguez Martínez ratificou o compromiso do Goberno galego de achegar o 20% do custo da futura Edar do Souto

Desde a Xunta destacan que esta nova infraestrutura é de gran importancia para garantir a recuperación ambiental do río Sar

Santiago, 21 de febreiro de 2017.- O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, destacou esta mañá o grado de acordo das administracións (Xunta, Concello e Estado) implicadas na construción da nova Edar de Santiago, unha colaboración que permitirá facer realidade unha actuación hidráulica moi demanda na cidade de Santiago de Compostela.

Rodríguez Martínez participou na reunión da Comisión de seguimento para a nova estación depuradora de augas residuais, onde ratificou o compromiso do Goberno galego de aportar un 20% do custo total da actuación, declarada de Interese Xeral do Estado.

O director de Augas aclarou que se trata dunha actuación de gran importancia para garantir a recuperación ambiental do río Sar e o seu ecosistema fluvial, polo que a Xunta está disposta a asumir a metade do custe estimado do proxecto que non conte con financiamento estatal, que financiará un 60% do orzamento.

Por último, o director de Augas de Galicia trasladou que o Goberno galego manterá os seus esforzos, tal e como fixo coa financiación da mellora da Edar da Silvouta, para levar a cabo actuacións que melloren a calidade das augas de Santiago e co fin de garantir un servizo de calidade nun horizonte de 50 anos para os veciños de Compostela.