CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Xornada divulgativa: “Aspectos Clave na Redución do Risco de Inundación”

Data de publicación: 17.03.2017

Descrición:

Xornada divulgativa: “Aspectos Clave na Redución do Risco de Inundación”

O próximo día 24 de marzo Augas de Galicia, o Consorcio de Compensación de Seguros e a Dirección General del Agua, celebrarán en Santiago de Compostela unha xornada divulgativa sobre “Aspectos Clave na Redución do Risco de Inundación”.

Esta xornada, cuxa inscrición é gratuíta, abordará cuestións esenciais dos Plans de Xestión do Risco de Inundación que se encontran actualmente en pleno desenvolvemento, con especial atención á Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa. Distintas administracións e organismos presentarán as medidas previstas, en particular aquelas orientadas á redución da vulnerabilidade das edificacións.

O evento terá lugar ás 9.00 h da maña no Auditorio Xosé Neira Vilas, no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia (Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n). As prazas son limitadas polo que será necesario inscribirse previamente para confirmar a asistencia, antes do próximo 21 de marzo.

Enlace á inscripción
Enlace ao díptico

Subir